Foro dos foros - Galiza 2012

Presentación Foro dos foros: Galiza 14-18 de setembro de 2012, en Porto Alegre
Apresentaçao | Presentation in FST Porto Alegre

Quarta | Mércores | Wednesday

25 de janeiro January 2012| 9:00 AM | Largo Zumbi dos Palmares, na tenda

FSM en Europa. Argumentos
O.

Foro Social Mundial (FSM) naceu,

hai agora dez anos, concebido

como un espazo aberto de encontro da

constelación de movementos e redes

de movementos sociais que, tanto no

Sul coma no Norte, ou sexa, tanto na

periferia coma no centro do actual

sistema-mundo, combaten pacíficamente

no seo da sociedade civil fronte á

globalización capitalista e as súas

perniciosas consecuencias, a prol da

transformación en profundidade, tanto

local coma globalmente, das condicións de

existencia das xentes do común en canto

seres humáns e cidadáns libres, e máis da

preservación dos ecosistemas que artellan

a biosfera do planeta, da que os colectivos

humáns formamos parte. Combaten

guiados pola convición de que ‘outro

mundo é posíbel’ -e necesario- e, como

conxunto en constante acción dinámica,

constitúen o movemento denominado

mesmo por iso ‘altermundista’.

Dende o seu inicio no 2001, na cidade

brasileira de Porto Alegre (Rio Grande do

Sul), e ao longo de toda a súa traxectoria

até o presente, o FSM escolleu sempre

un lugar localizado no Sul ou periferia do

sistema para a celebración do encontro

dos movementos a nível mundial, primeiro

cunha cadencia anual e posteriormente,

dende 2007, bianual: o FSM como evento

dun movemento global alternativo.

Por unha banda, esa eleición resulta

congruente co feito de que, na dialética

centro-periferia, a periferia é a vítima

primordial do desenvolvemento desigual

do sistema, fenómeno consustancial co

modelo de acumulación capitalista no seu

proceso de mundialización e exacerbado

na actual fase da globalización financeira.

Por outra banda, resulta congruente

tamén co protagonismo da periferia no

xurdimento e na expansión do movemento

altermundista integrado e artellado no

FSM, sen minusvalorarmos a contribución

dos movementos antisistémicos actuantes

no centro do sistema. E, finalmente,

concorda asimesmo cos postulados e os

paradigmas alternativos que inspiran e

orientan a construción do ‘outro mundo

posíbel’, cardinalmente baseados no que

Boaventura de Sousa Santos definíu como

‘epistemoloxía do sul’ fronte á ‘razón

perguiceira’ do sistema e do modelo

de civilización impostos polo Norte e

actualmente en crise.

No entanto, existen razóns abondo para

considerarmos chegado o momento e as

circunstancias acaídas para localizar esta

vez no Norte o FSM previsto para o 2013.

No CI reunido en Dakar os días 5 e 6 de

febreiro pasado, formulouse a proposta

de celebrar o FSM 2013 en Europa. Os

argumentos a prol desa proposta pódense

enunciar en tres níveis ou dimensións.

1.

Celebrar o vindeiro FSM no

Norte, no centro do sistema,

siñifica considerármonos con forzas

acumuladas abondo para asumirmos

o reto de levar o debate encol do noso

proxecto altermundista ao territorio físico,

social e polìtico do seu inimigo principal,

montarmos o escenário da nosa xuntanza

mundial dentro do recinto do castelo

kafkián que os movementos antisistémicos

pretendemos e proxectamos asaltar e

transformar no espazo aberto de encontro

e fraternidade humáns que o proprio

FSM prefigura. E facérmolo en Europa

supón ademáis situalo no berce histórico

do sistema-mundo que combatemos

cívicamente, para proxectármolo dende

dentro dil nos espazos da sociedade civil

europea adxacentes e aínda non integrados

nen conectados cos movementos sociais

das nosas redes, e mesmo tamén,

dende aí, catapultalo cara os ámbitos da

‘sociedade política’ europea, onde reinan a

ideoloxía e o poder que negan e obstrúen

teimudamente a posibilidade do ‘outro

mundo’ alternativo que nós preconizamos.

Nefeito, a crise sistémica que a

humanidade está arestora a padecer é

a crise dun sistema-mundo capitalista,

colonialista e imperialista que tivo en

Europa o centro da sua orixe, xestación e

madurecemento, no que Europa ostentou

a hexemonía deica entrado o s. XX, e

aínda despois seguíu a desempeñar

un determinante rol de sub-metrópole

imperial. Pero, tal coma o FSM ten

asumido, esta crise, ademáis de sistémica,

é unha ‘crise civilizatoria’, e resulta que

tamén Europa é o berce e primeiro artífice

do modelo de civilización que arestora está

en crise: xa que logo, nada podería ser

máis axeitado neste intre e neste contexto

que realizar portas adentro de Europa o

noso debate, anàlise crítica e formulación

de alternativas a ese periclitado modelo de

civilización.

Por outra banda, alén das dimensións que

reviste a patoloxía da crise sistémica como

pandemia global -económico-financeira,

social, ecolóxica e política- en Europa

maniféstase asemade na crise do proxecto

democrático europeu de artellamento

económico, cultural e político dos povos

e nacións do continente. Neste eido, a

Europa actual está a desandar o treito de

camiño feito nos primeiros decenios da

postguerra mundial -que levaba aparellado

o establecemento do ‘welfare-state’ e o

recoñecemento da diversidade dos povos

europeus e dos seus dereitos identitarios-

e a camiñar na direición esactamente

inversa á dos procesos de artellamento

que están a protagonizar arestora os povos

e nacións latinoamericanos. A combinación

desas dúas dinámicas regresivas europeas

constitue unha chave espricativa doutros

graves fenómenos protagonizados pola

Europa actual, tais como a xenófoba

actitude e acción política represora e de

portas pechadas fronte aos inmigrantes

procedentes do sul do sistema -que é un

dos máis tráxicos problemas aos que están

a facer frente o movemento altermundista

e o próprio FSM.

2.

Parécenos evidente que, no

contexto descrito no parágrafo

precedente, a celebración do FSM 2013

en Europa constitue en si mesma unha

elocuente denuncia ou chamada de

atención verbo da crise democrática que

están a padecer a sociedade, a cidadanía

e os povos europeus -crise que é un

dos atrancos fundamentais a remover e

superar para camiñarmos cara ese outro

mundo posíbel que consideramos necesario

construir a nível mundial. Asemade, ese

contexto marca as coordenadas que

determinan o enfoque a dármoslle ao

plantexamento dun FSM en Europa, e que

resulta definido pola dialética de tres eixos

cardinais de contradicións.

O primeiro deses eixos é o que contrapón

o deseño dunha Europa social ao modelo

ultraliberal asumido e aplicado pola

Unión Europea (UE). Nesa contradición

de opostos, o proxecto dunha Europa

social resulta concordante, nos seus

fundamentos, cos principios asumidos

polo FSM, mentras que a UE encarna

pola contra a representación europea da

globalización ultraliberal que tanto o FSM

como as redes de movementos sociais

combaten.

O segundo eixo revela a contradición

entre a Europa dos povos e os cidadáns

e a Europa dos estados e os poderes

estabrecidos. Trátase dunha contradición

constantemente presente na historia

europea moderna e contemporánea, aínda

non resolta a día de hoxe, e ademáis

‘exportada’ a traveso dos sistemas

coloniais europeus a outros continentes

á hora dos procesos de ‘descolonización’

-como resulta especialmente patente

nos casos de África e do Oriente Medio,

con dramáticas consecuencias que non é

necesario suliñar porque están á vista de

todos e volven recobrar renovada vixencia

nos acontecementos e procesos sociopolíticos destes últimos meses.

Finalmente, o terceiro eixo reproduce a

nivel intra-europeu a dicotomía centroperiferia ou norte-sul que caracteriza ao

sistema-mundo no seu conxunto, e máis

a dialética do desenvolvemento desigual

que rexe a sua dinámica bipolar. Quérese

dicir que, dentro de Europa, hai un norte e

un sul, non na dimensión xeográfica senón

na estrutural -e foi o economista británico

Dudley Seers o primeiro en sinalar, hai

xa máis de tres decenios, a existencia

dunha “peripheral Europe”, e en definila e

describir as suas características estruturais

e a sua dinámica diverxente a respeito

do ‘centro’. E a problemática da ‘Europa

periférica’ resulta, mutatis mutandis,

análoga á da periferia do sistema-mundo

globalizado.

A combinación desas tres dualidades

dialéticamente contrapostas sinala

as coordenadas do enfoque axeitado

a dármoslle ao plantexamento dun

FSM 2013 en Europa. Nefeito, ese

plantexamento compre enfocalo mediante

as ópticas conxugadas da Europa social,

da Europa dos povos e os cidadáns, e

da Europa periférica. As tres definen

a perspectiva acaída, coincidente coa

adoptada polo FSM a nivel mundial e

o movemento altermundista no seu

conxunto. A terceira delas sinala, ademáis,

o espazo de ubicación máis correcta da

celebración do evento: ao cabo resultaría

localizado o FSM, unha vez máis, no sul, na

periferia -só que na periferia intra-europea,

desta vez.

3.

De todos xeitos resulta

indispensábel evitar que a

celebración do FSM en Europa suscitase

a posibilidade de parecer ‘contaminado’

pola impregnación do máis mínimo tinte

‘eurocéntrico’. A inmunización preventiva

fronte a calquer risco de semellante

contaxio, por remoto que il resulte,

conséguese no deseño da organización

‘in situ’ do evento e do(s) colectivo(s)

responsábel(s) da mesma.

En primeiro lugar, a organización e o

colectivo responsábel dela teñen que ser

outros e diferentes que os encarregados

de montar as edicións continentais do

FSM -é dicir, do Foro Social Europeu.

Isto non significa en absoluto que na

urdime organizativa non participen

representantes de movementos europeos

que sexan ou fosen membros dos

colectivos encarregados de organizaren

os FSEuropeus, senón que o criterio e a

configuración do colectivo organizador

para esta ocasión ten que ser outro, é dicir,

o proprio dun Foro Social Mundial, e que

o seu núcleo debera estar integrado por

representantes que sexan membros do

Consello Internacional do FSM.

En segundo lugar, compre que o FSM que

se celebra en Europa esteña impregnado

pola perspectiva que se focaliza na relación

Europa-Mundo, contemplada a traveso

dunha cosmovisión altermundista e, xa que

logo, precisamente antitética de calquer

óptica ‘eurocentrista’. É o método máis

seguro para garantir que o FSM proxecte

dentro de Europa a concepción baseada

nunha ‘epistemoloxía do sul’, no canto de

resultar contaminado pola ‘razón perguiceira’ do norte. E iso condúcenos a sinalar o

rol que, a ese propósito, pode desempeñar

a Rede Mundial dos Dereitos Colectivos

dos Povos, correlacionada co Eixo-12 das

temáticas do FSM, e da que a sua sección

no espazo europeu é a Rede CONSEU.

Como é ben sabido polos membros do

CI do FSM, a Rede Mundial dos Dereitos

Colectivos dos Povos (RMDCP) naceu

no FSM do 2009 en Belém do Pará e

constituíuse formalmente en abril do 2010

na cidade catalá de Girona. O seu embrión

foino a Conferencia de Nacións sen

Estado de Europa (CONSEU), que existe

dende a celebración da sua Asemblea

constituinte en 1985 en Barcelona.

Aínda que nacida para dar resposta

democrática ás ‘cuestións nacionais’

pendentes de solución en Europa, dende

o comenzo tivo a visión das cuestións

identitarias dos povos e as culturas como

un problema universal, correlacionado co

dereito de autodeterminación dos povos

proclamado polas NU. Congruentemente

con iso, cultivou as relacións con

movementos nacionalistas emancipadores

extra-europeus, moitos dos cales foron

participando como observadores nas

actividades da CONSEU -relacións que

se foron estreitando singularmente cos

movementos de povos tan diversos

coma os kurdos, saharauis, palestinos,

quebequés ou amazigs. Esa dinámica

deu lugar a un proceso de interrelacións

que deu un salto cualitativo ao conectar

co conxunto de movementos dos ‘povos

orixinarios’ americanos, até desembocar

na organización dun espazo proprio

conxunto en Belem do Pará e o nacemento

e subseguinte constitución formal da

devandita Rede Mundial dos Dereitos

Colectivos dos Povos.

Eis por que consideramos que esta Rede

pode desempeñar un rol relevante para garantir a presencia da relación Europa-Mundo no enfoque da organización do FSM

2013 en Europa, e ofrecémonos a asumir

as responsabilidades pertinentes a tal

obxeto, en aberta e solidaria colaboración

cos membros das organizacións europeas

que se integren no proceso organizativo e

máis co próprio CI do FSM.

4.

Finalmente, coidamos que estes

plantexamentos, e as razóns

argüidas a prol da celebración do

FSM 2013 en Europa cos criterios e

enfoques eiqui expostos, poden e deben

contribuir relevantemente á renovación e

remozamento dos enfoques e metodoloxías

do FSM que o seu Consello Internacional

considera necesario introducir, como

foi reiterado nas análises e avaliacións

desenvolvidas na sua sesión de Dakar os

días 12 e 13 do pasado mes de febreiro

deste ano 2011.

Galiza e o FSM
Diversas organizacións e redes galegas teñen participado tanto nas convocatorias centralizadas do FSM ou do Foro Social Europeo coma na difusión do proceso.

A Fundación Galiza Sempre (que fai parte da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos xurdida no FSM de Belém do Pará en 2009 e conta cun membro no CI do FSM)

O Seminario Galego de Educación para a Paz-Fundación Cultura de Paz (tamén integrante do Consello Internacional do Foro Mundial de Educación)

A Marcha Mundial das Mulleres

O Sindicato Labrego Galego (que fai parte da Via Campesina e conta con máis de 7.000 familias afiliadas)

A Confederación Intersindical Galega (CIG, que conta con máis de 80.000 afiliados/as)

A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (que conta con 51 organizacións)

Os sindicatos estatais Comisión Obreiras (CCOO) e Unión Xeral dos Traballadores (UGT)

As organizacións ecoloxistas ADEGA e Verdegaia

O Sindicato Galego de Traballadores do Ensino (STEG)

Altermundo (que forma parte da Comisión de Comunicación, ComCom, do FSM), entre outras.

O primeiro Foro Social Galego www.forosocialgalego.org celebrouse en Santiago en decembro de 2008 recollendo máis de duascentas adhesións de colectivos.

O Foro Mundial de Educación temático sobre Cultura de Paz‑FME 2010, organizado por un Comité integrado por 60 entidades internacionais e un Comité Galego formado por 30 colectivos, trouxo a Galiza, entre o 10 e 13 de decembro de 2010, máis dun milleiro de persoas acreditadas procedentes de trinta países de todo o mundo.

Dossier do Forodosforos
FSM-dossier-completo

Foro dos Foros Galiza 2012
O Consello Internacional do FSM reunido en París en maio de 2011 acordou asignar

a principal responsabilidade no desenvolvemento do proceso previo á vindeira cita

mundial ás candidaturas alí presentadas para acoller o FSM en 2013. Como achega

a este deseño de carácter cooperativo a Rede Mundial polos Dereitos Colectivos

dos Pobos asumíu nesa reunión a celebración en Galiza dun Foro Social Mundial de

carácter temático para reflexionar sobre a metodoloxía e o futuro deste proceso en

base á experiencia dos principais foros organizados desde 2001.

A proposta de impulsar desde esta Rede de pobos e nacións sen estado unha

candidatura galega para a celebración do FSM xurdira da preocupación por extender,

renovar e fortalecer o proceso altermundialista no contexto da actual crise sistémica

na que Europa xoga un papel relevante. As conversas iniciais en Dakar serviron

para elaborar unha primeira argumentación sobre a oportunidade de traer a forza

emancipadora do FSM ao norte xeopolítico, cando os povos europeos están a

WsF FutuRe FRom WsF exPeRiences

8 | WSF from WSF Galiza 2012

padecer con forza os efectos devastadores da crise. A vontade por sumar esforzos

e opinións a estes obxectivos levou a xuntarmos en Santiago no mes de Maio con

representantes doutras redes mundiais. Analizando conxuntamente as perspectivas

do FSM coincidiamos na necesidade de propiciar: a súa renovación metodolóxica; a

profundización do seu pensamento; a mellora da súa capacidade de comunicación;

e a súa revitalización coa incorporación de novos actores sociais e temáticos,

novas áreas ou novas xeracións… para mellor articular tanto a resposta á crise de

civilización como a capacidade de disputa e impacto político do proceso mantendo as

súas características.

Por iso, os promotores da candidatura galega entendemos que a idea suxerida

nese encontro de xuntar nun foro mundial co respaldo do Consello Internacional

os organizadores dos máis importantes foros ata agora celebrados pode ser unha

achega crucial para os retos estratéxicos do FSM. A celebración en Europa pode

contribuír tamén á dinamización e confluencia dun movemento social que comeza a

amosar vitalidade tras unha etapa de debilidade e/ou desorientación.

Este dossier recolle a realidade e capacidades sociais, organizativas e loxísticas de

Galiza e un documento resumen das nosas argumentacións favorabeis a impulsar a

presenza do FSM en Europa como fundamento da candidatura galega.

1 de xullo de 2011.